
Sobre o Congreso
O foco
BENESTAR
Máis aló das necesidades materiais, o benestar supón mirar ás persoas dun xeito integral e garantir que teñan acceso a oportunidades reais. Procurar este benestar é un reto que nos leva a promover o coidado mutuo e a traballar pola construción de comunidades máis xustas, solidarias e sostibles, nas que a vida estea sempre no centro.
O benestar non debería ser un privilexio, senón un dereito de todas e todos, dialogado e construído colectivamente. Por iso, queremos facer del o foco deste espazo de reflexión, investigación e aprendizaxe, como principio orientador para a educación social.
ACOMPAÑAMENTO
O acompañamento socioeducativo preséntase como unha das estratexias clave da educación social. A opción por este enfoque supuxo un cambio na forma de traballar, respectuoso coas persoas e o protagonismo sobre as súas vidas.
Sabendo da súa gran complexidade, búscase xerar un espazo de diálogo e reflexión conxunta que nos permita explorar como se está a proxectar en diferentes ámbitos profesionais e coñecer e idear novos enfoques.
Eixos temáticos
Facultade de Ciencias da Educación
A Universidade de Santiago de Compostela ten dúas Facultades de Educación. O Congreso celebrarase na que está situada no Campus Vida, na zona sur da cidade.
Rúa Xosé María Fernández Núñez, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña