
Sobre o Congreso
O foco
BENESTAR
Máis aló das necesidades materiais, o benestar supón mirar ás persoas dun xeito integral e garantir que teñan acceso a oportunidades real. Procurar este benestar é un reto que nos leva a promover o coidado mutuo e a traballar pola construción de comunidades máis xustas, solidarias e sostibles, nas que a vida estea sempre no centro.
O benestar non debería ser un privilexio, senón un dereito de todas e todos, dialogado e construído colectivamente. Por iso, queremos facer del o foco deste espazo de reflexión, investigación e aprendizaxe, como principio orientador para a educación social.
ACOMPAÑAMENTO
O acompañamento socioeducativo preséntase como unha das estratexias clave da educación social. A opción por este enfoque supuxo un cambio na forma de traballar, respectuoso coas persoas e o protagonismo sobre as súas vidas.
Sabendo da súa gran complexidade, búscase xerar un espazo de diálogo e reflexión conxunta que nos permita explorar como se está a proxectar en diferentes ámbitos profesionais e coñecer e idear novos enfoques.
Eixos temáticos
Relatores/as


O doutor Jordi Planella é investigador do Laboratorio de Educación Social (LAS) da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e do Grupo de Investigación en Pensamiento Pedagógico y Social (GREPPS) da Universitat de Barcelona (UB).
Os títulos dos seus libros aluden a conceptos evocadores do noso quefacer profesional e investigador. Fálanos de acompañamento social, de pedagoxías reflexivas, sensibles, corporales, trans (transversais, revestidas, transexuales, transxénero, transfronteirizas, transitadas, transdisciplinarias, transformadoras), de militancia e disidencia ou da poética da humanización.
Educadora social, divulgadora e activista na temática de violencia de xénero. Traballa na prevención, formación e sensibilización tanto da mocidade como de profesionais, de ámbitos diversos, implicados na detección e intervención con vítimas de violencia de xénero. Proxectado dende o vivencial e o profesional, o seu traballo ten sido obxecto de múltiples recoñecementos e premios. Comunicadora audaz que removerá o auditorio.


Entidades organizadoras





Entidades colaboradoras










