
Relatoras/es

JORDI PLANELLA
Universitat Oberta de Catalunya (UOC)
Catedrático de Pedagogía Social, educador social e investigador do Laboratorio de Educación Social (LAS) da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e do Grupo de Investigación en Pensamiento Pedagógico y Social (GREPPS) da Universitat de Barcelona (UB).
As súas publicacións fan alusión a conceptos esenciais para o noso traballo profesional e investigador, como o acompañamento social, as pedagoxías reflexivas, sensibles, corporales, trans (transversais, turnaway, transexual, transxénero, transfronteiriza, transitadas, transdisciplinarias, transformadoras), militancia e disidencia ou a poética da humanización.
CLÀUDIA MANYÀ
Desde 2017 dedícase a fortalecer a orientación comunitaria dos servizos sociais realizando formación, supervisión, investigación e acompañamento a proxectos e servizos da administración local.
Elaborou documentos de referencia como o “Marco de intervención comunitaria dos servizos sociais de Barcelona” (2017, con Ernesto Morais) e o “Documento de bases para un Marco de referencia da intervención comunitaria nos servizos sociais básicos” de Catalunya, (2021, con Marta Ballester).
É consultora cun forte sentido de servizo público xestado durante os máis de 20 anos traballados na administración local, principalmente nos servizos sociais básicos e, na última etapa, impulsando programas de actuación municipal no ámbito da economía social , a economía dos coidados e as economías comunitarias.



ESTIBALIZ AMENABARRO
Universidad del País Vasco
Mesa de diálogo: Acompañamento socioeducativo nas transicións vitais
Estibaliz Amenabarro Iraola é doutora en Ciencias da Educación pola UPV/EHU (2021). Licenciada en Pedagoxía pola UPV/EHU (1998). Máster en Intervención Socioeducativa (UPV-EHU). Actualmente é profesora na Facultade de Educación, Filosofía e Antropoloxía de Donostia/San Sebastiántraballa en temas de educación inclusiva, pedagoxía da alteridade, pedagoxía crítica e transformación social e educativa, e metodoloxías biográficas, narrativas e creativas. Desenvolve diversos proxectos de investigación para garantir a inclusión de persoas en situación de exclusión social, con menores con enfermidades raras, menores (mulleres) tutelados desde unha perspectiva interseccional, ou en procesos de transformación socioeducativa e participación comunitaria.

JESÚS JUÁREZ
Universidad de Málaga
Mesa de diálogo: Acompañamento socioeducativo nas transicións vitais
Jesús Juárez Pérez Cea é Diplomado en Educación Social, Licenciado en Pedagoxía e Licenciado en Educación Primaria con especialización en Educación Inclusiva pola Universidade de Málaga. Ten máis de 15 anos de experiencia como educador social, traballando principalmente como educador de rúa en barrios de exclusión social. Actualmente é profesor na Universidade de Málaga, onde compaxina a súa carreira práctica coa académica. O seu principal interese é o estudo da resiliencia e a marxinalización social.



EDGAR CORREIA CAMPOS
Politécnico de Viseu
Mesa de diálogo: Acompañamento socioeducativo nas transicións vitais
Edgar Correia Campos. Licenciado en Educación Social, pola Escola Superior de Educación do Instituto Politécnico de Viseu, desde 2018. Concluíu a Especialización Avanzada en Psicopatoloxia do Neno e do Adolescente (Pos-graduación), polo Instituto CRIAP, en 2021. Mestre en Intervención Psicosocial con Nenos e Mozos en Risco, pola Escola Superior de Educación do Instituto Politécnico de Viseu, desde 2021. Doutor en Ciencias da Educación e do Comportamento, pola Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), desde 2024. É Vicepresidente da Mesa do Consello Xeral do Núcleo de Viseu da EAPN Portugal - Rede Europea Anti Pobreza, desde 2017.

JOSÉ ANTONIO CARIDE
Universidade de Santiago de Compostela
Mesa de diálogo: O futuro da educación social: desafíos dun tempo inacabado
Catedrático de Pedagoxía Social, coordinador e investigador principal do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) e presidente da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social (SIPS) de 2002 a 2013. É un dos máximos referentes da educación social, que ten contribuído ao xurdimento e desenvolvemento tanto dos estudos universitarios como da profesión. Ostenta cargos de representación en múltiples institucións académicas e profesionais, conta con máis de 400 publicacións en libros e revistas especializadas e ten dirixido máis de 20 proxectos de investigación no eido da pedagoxía social.


LAURA CRUZ LÓPEZ
Universidade da Coruña
Mesa de diálogo: O futuro da educación social: desafíos dun tempo inacabado
Laura Cruz é Educadora Social e doutora en Ciencias da Educación. Docente e investigadora no ámbito da educación social, membro do Grupo de investigación ECIGAL. Foi coordinadora da titulación na UDC durante 10 anos, impulsando procesos reflexivos e de mellora da titulación. Actualmente participa do grupo de traballo na elaboración do Libro Blanco de Educación Social. Ao longo da súa traxectoria, ten participado activamente no CEESG, tanto en equipas de goberno como en grupos de traballo (prisións e comité de ética). Actualmente é presidenta do Comité de Ética da Investigación e a Docencia da UDC.


FRANCISCO JOSÉ DEL POZO
UNED
Mesa de diálogo: O futuro da educación social: desafíos dun tempo inacabado
Francisco José del Pozo é Educador Social e doutor en Ciencias da Educación. Docente vinculado ao Grao de Educación Social e investigador do Grupo TABA, Inclusión Social y Derechos Humanos. Contribuíu ao desenvolvemento académico e profesional da educación social en diferentes contextos (ámbito penal, educación para a paz ou infancia, adolescencia e mocidade en dificultade social). Foi presidente fundador da Asociación Colombiana de Pedagogía Social y Educación Social -ASOCOPESES-, e é membro do consello executivo da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social-SIPS-. Actualmente é secretario do grupo de traballo do Libro Blanco de Educación Social.

Foto de: Xesús Fariñas
XOSÉ MANUEL CID
Universidade de Vigo
Mesa de diálogo: O futuro da educación social: desafíos dun tempo inacabado
Xose Manuel Cid é un referente na educación en Galicia e na xeración de redes con Portugal. Foi decano da Facultade de Ciencias da Educación e, posteriormente, na Facultade de Educación e Traballo Social, e Director do programa de doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento. Membro fundador de Nova Escola Galega en 1983, ostentou tamén cargos de representación noutras entidades académicas e profesionais. Foi recoñecido como colexiado de honra do CEESG polo seu rol relevante na nosa profesión.

AtalaiAs
É unha cooperativa galega de traballo asociado sen ánimo de lucro de nova creación pero cunha traxectoria no campo da intervención socioeducativa dende o 2006.
Co foco posto nas persoas e as súas diferentes realidades, necesidades e relacións, o seu traballo céntrase na elaboración de proxectos socio educativos para a transformación social dende e para o botrato.

Outonía
Outonía é unha entidade cooperativa sen ánimo de lucro asentada de forma deslocalizada nas ruralidades interiores de Lugo e Ourense.
Nace como unha proposta de autoemprego e co fin último de asegurar a igualdade de dereitos dos territorios rurais, incidindo en áreas coma a igualdade e a diversidade de xénero, o incremento das oportunidades educativas, a rexeneración das narrativas territoriais, a descontrución de prexuízos e estereotipos, entre outras.

Agintzari
Nada no 1977 vinculada ao ámbito da exclusión social, se ten proxectado cara a denuncia social, a investigación e a atención a menores en risco, evolucionado por diversas formas organizativas, avanzando nunha xestión máis democrática e de acción en rede, ata ser o que é hoxe, unha cooperativa de iniciativa social dedicada ao desenvolvemento comunitario, enfocada na intervención social con propostas innovadoras e servizos de alta calidade, atendendo a persoas e grupos vulnerables.